Os tempos son chegados: Despedida e peche

Dous anos cheos de vivencias. Dous anos nos que, entre outras moitas cousas tivo collida esta pequena ventana o mundo, dende a que amosar, explicar e comentar todo o que día a día ia acontecendo nesta aventura diaria que é colaborar coa difícil tarefa educativa dos nosos nenos e nenas.

Dous anos nos que dende esta modesta plataforma, construida por e para todos e nacida coa vontade de ser escaparate e altofalante da nosa comunidade, houbo sitio, entre outras cousas, para preto de 80 artigos publicados en cinco diferentes categorías que foron visitados en máis de 7000 ocasións, máis de 1300 fotografías publicadas en 22 álbumes que foron vistas máis de 16000 veces, a publicación de vídeos que foron reproducidos en máis de 500 ocasións…

Acadouse, en definitiva, unha modesta pero fiel comunidade pendente sempre das últimas novidades que estaban a acontecer neste pequeno pero importante mundo.

Pero todo ten o seu remate, e ista aventura, non ía ser unha excepción. Efectivamente, tal e como se anunciara xa hai algunhas datas, a xunta directiva da ANPA do CEIP de Monterroso considera que é tempo de tomar un descanso e deixar paso a un novo grupo de persoas, que con ideas novas e espírito emprendedor continúen traballando a prol da educación dos nenos e as nenas do noso concello.

Ningunha despedida é doce, e esta non é unha excepción. Levamos connosco unha morea de vivencias inesquecibles, un sinfín de experiencias enriquecedoras, cantidades inxentes de sorrisos e miradas que valen un mundo, e por riba e todo, a satisfacción de ter estado preto dos nosos nenos e nenas nesta etapa da vida intensa e irrepetible.

O noso tempo chegou o seu fin. Coidamos que nos gañamos o dereito a un tempo de descanso, de acougo, de recarga vital dunha actividade vivificante pero esgotadora. Sabemos que a pesares de poñer sempre o mellor de nós mesmas en cada paso que estabamos a dar, non sempre se acadou o resultado apetecido. Sabemos tamén que case nunca camiñabamos solas.

Non podemos esquecer os  apoios recibidos. Sería imposible lembrar tódalas axudas e colaboracións que fixeron posible que moitas das iniciativas levadas a cabo por esta ANPA chegasen a bo porto. Grazas.

Só nos queda despedirnos, agradecer de novo a vosa compaña o longo do camiño que fixo máis levadeira e enriquecedora esta viaxe conxunta e desexarlles a este a novo grupo que conforman a nova directiva moitos ánimos e enerxía para afrontar as moitas tarefas que teñen por diante. Contan co noso apoio e coa nosa axuda.

Unha nova travesía comeza…

Advertisements
Publicado en Varios | Deixar un comentario

Hemeroteca:El progreso (23 xuño 2012)

Medio: Xornal
Nome: El Progreso
Data: 23/06/2012
Motivo: Festa Fin de Curso 2011-2012

Festa Fin de Curso 2011-2012

Festa Fin de Curso 2011-2012

Publicado en Hemeroteca | Deixar un comentario

Festa fin de Curso 2012

Un novo curso escolar chega o seu fin, e como ven sendo xa tradicional nada mellor cunha boa festa para celebralo por todo o alto.

Así, o 21 de Xuño a ANPA do CEIP de Monterroso organizou a festa de fin de curso 2011-2012, ca participación dun nutrido grupo de nenos e nenas que non quixeron perder a oportunidade de pasar unha divertida tarde co resto dos seus compañeiros e dar a benvida a un verán que se presenta cheo de posibilidades.

O lugar elexido para a festa foi, unha vez máis a polivalente instalación da Cúpula, no centro da vila, a partires das cinco da tarde, ainda que os máis impacientes xa merodeaban polo lugar dende un bo rato antes.

Festa Fin de Curso 2012

Festa Fin de Curso 2012

Pouco a pouco as gradas da Cúpula íanse enchendo de nenos e nenas con ganas de pasalo ben. Así, mentres os asistentes ian chegando, a empresa de animación encargada de xestionar a festa, IG10, ia solucionando os últimos detalles para que todo estivera en perfecto estado de funcionamento.

Xa por fin con todo perfectamente disposto, deu comezo unha festa na que, entre outras cousas, non faltou a música, os hinchables, coches teledirixidos e ata fútbol americano…

As veces había cola!!!

As veces había cola!!!

Os hinchables, cada un deles axeitado u unha idade, permitiron demostrar todo tipo de habilidadeas nas súa múltiples posiblidades de diversión entre túneis, tobogas, zonas de escalada. Unha  boa forma de consumir parte de esa enerxía inagotable que caracteriza os máis pequenos.

Al ataque!!!

Al ataque!!!

A diversión non fixera máis que empezar, pero sobre as seis e media foi tempo xa de facer un pequeno descanso, tomarse un pequeno respiro e recuperar algo de enerxía comendo e bebendo algo. Sobre todo tendo en conta as altas temperaturas que se deron ese día e que motivaron que a bebida fora moi solicitada.

Collendo forzas

Collendo forzas

Tras recuperar folgos, ainda quedaba tempo para unha nova sesión de xogos, engadindo os xa existentes, outras opcións tales como a globoflexia, nas que o personal especializado de IG10 fixo as delicias dos asistentes coas súas habilidades.

Todo un abanico de posibilidades no que invertir o resto da tarde ata que finalmente, para disgusto dalgúns, a festa chegou finalmente o seu remate preto das oito da tarde.

No seguinte enlace podedes ver o álbum fotográfico da visita; ou de outras actividades do ANPA. Tamén podedes ver tódolos vídeos publicados pola ANPA neste enlace.

Publicado en Actividades | Deixar un comentario

Acta de Xunta Ordinaria: outubro 2012

Resumo da acta de xunta ordinaria do mes de outubro de 2012.

ACTA Nº: 23
DATA: 4/10/2012
LUGAR: AULA POLIVALENTE
HORA DE INICIO: 17:40

ASISTENTES:

  • Cristina García Sánchez
  • Luisa Coto Vázquez
  • Ana Lago Vázquez
  • Varios pais e nais de alumnos

ORDEN DO DIA:

  1. Estudio e aprobación, se procede das contas do ano anterior.
    • Presentase e apróbanse.
  2. Estudio e aprobación se procede da cuota de socio.
    • Mantense a cota de socio a 20,00€ por socio e 3,00€ para o seguro de accidentes.
  3. Renovación dos cargos directivos da ANPA, ante a dimisión dos actuais.
    • Preséntase a dimisión dos membros da xunta directiva actual da ANPA. A nova xunta directiva queda composta do seguinte xeito:
      • Presidenta: Mª Luisa Carballo
      • Vicepresidenta: Genma Manzano Canillas
      • Tesoureiro: Jesús Otero
      • Secretaria: Sonia Mata
      • Vogal 1ª: Mª Carmen
      • Vocal 2ª: Eulalia
      • Vocal 3ª : Mª Jesús
  4. Rogos e preguntas.

Non habendo rogos nin preguntas e sen ter máis asuntos que tratar. Levántase a sesión as 19:00

Vº Bº Secretaria.

Publicado en Actas | Deixar un comentario

Acta de Xunta Ordinaria: setembro 2012

Resumo da acta de xunta ordinaria do mes de setembro de 2012.

ACTA Nº: 22
DATA: 17/09/2012
LUGAR: AULA ANPA
HORA DE INICIO: 14:40

ASISTENTES:

  • Cristina García Sánchez
  • Luisa Coto Vázquez
  • Ana Lago Vázquez

ORDEN DO DIA:

  1. Estudo e aprobación se procede da dimisión da xunta directiva.
    • Despois de estar o frente desta ANPA o longo de dous anos, dende a directiva pensamos que é tempo de tomar un respiro e deixar paso a unha novo equipo de traballo. Iste é o motivo polo que decidimos presentar a nosa dimisión na próxima xunta da ANPA que se celebrará o vindeiro día 4 de outubro as 17:00 horas.
  2. Rogos e preguntas.

Non habendo rogos nin preguntas e sen ter máis asuntos que tratar. Levántase a sesión as 15:00

Vº Bº Secretaria.

Publicado en Actas | Deixar un comentario

Acta de Xunta Ordinaria: maio 2012

Resumo da acta de xunta ordinaria do mes de maio de 2012.

ACTA Nº: 21
DATA: 14/05/2012
LUGAR: AULA ANPA
HORA DE INICIO: 18:40

ASISTENTES:

  • Cristina García Sánchez
  • Luisa Coto Vázquez
  • Ana Lago Vázquez

ORDEN DO DIA:

  1. Estudo e aprobación se procede da excursión de fin de curso.
    • Para rematar o curso proponse unha excursión para todas as idades a Marín.
    • A escasa participación na cea-baile familiar do derradeiro 29 de abril non invita a ser optimista na organización de novas actividades, pero pensamos que os pequenos non deberían quedar sen excursión de fin de curso. Proponse como data da excursión o 2 de xuño. Apróbase.
  2. Estudo e aprobación se procede da festa de fin de curso.
    • Contratarase a IG10 Animación, tal e como acontecera o pasado ano, que fixeron un bo traballo cos pequenos e realizaron unha boa oferta.
  3. Estudio e aprobación das actividades para o vindeiro ano.
    • Despois de pasar o ano enteiro acudindo o centro os luns e os xoves, e dado que a
      xente foi abandoando as distintas actividades o longo do curso, e non se cubrir os
      gastos cos ingresos, decídese por unanimidade non facer actividades extraescolares
      o longo do vindeiro curso e comunicarllo a dirección do centro
  4. Rogos e preguntas.

Non habendo rogos nin preguntas e sen ter máis asuntos que tratar. Levántase a sesión as 19:30

Vº Bº Secretaria.

Publicado en Actas | Deixar un comentario

Acta de Xunta Ordinaria: abril 2012

Resumo da acta de xunta ordinaria do mes de abril de 2012.

ACTA Nº: 20
DATA: 9/04/2012
LUGAR: AULA ANPA
HORA DE INICIO: 18:40

ASISTENTES:

  • Cristina García Sánchez
  • Luisa Coto Vázquez
  • Ana Lago Vázquez

ORDEN DO DIA:

  1. Estudo da posibilidade de facer unha cea-baile de confraternización, entre alumnos, pais e profesores.
    • Realizarase o vindeiro 29 de abril a partires das 21:00 horas. Para axustar o gasto o máximo posible, serán as responsables da ANPA as encargadas de preparar e servir a cea. Apróbase.
    • Contratarase a disco móvil A Gramola para amenizar a cea a pequenos e maiores. Apróbase.
    • Pedirase a colaboración de locais comerciais da zona. Apróbase.
  2. Rogos e preguntas.

Non habendo rogos nin preguntas e sen ter máis asuntos que tratar. Levántase a sesión as 19:30

Vº Bº Secretaria.

Publicado en Actas | Deixar un comentario